28/10/2009
Despois de facer o curso é recomendable cambiar o contrasinal de Gmail, xa que estivestes a usala nun espazo público e pode ser que quedase non equipos que usastes nas clases.
Cambiala e sinxelo, dende a pantalla de Gmail seguide os pasos seguintes
Configuracion
Cuentas e importacion
Configuración de tu cuenta de google
Modificar la contraseña
Un saudo a todos
Deixa un comentario » |
General | Tagged: Contraseña, Contrasinal, Gmail, Password |
Ligazón permanente
Publicado por rapososin
26/10/2009
Sempre me fan esta pregunta; ¿que navegador usas?, e sempre me costa contestar porque ningún me gusta tanto como para recomendalo descartando a tódolos demais.
Eu prefiro firefox, pero cada un é un mundo, hoxe quero presentarvos un text de competencia dos navegadores coas tecnoloxías web, chámase acid3,
http://acid3.acidtests.org/
Pasadello ó voso navegador, se realemente é competente chegaredes ó 100/100 da puntuación, senón xa podedes ir cambiando.
Deixa un comentario » |
General |
Ligazón permanente
Publicado por rapososin
23/10/2009

Xa remata, so queda unha sesión, despois dunha semana maratoniana, teño que agradecerbos a vosa comprensión e atención.
Espero que vos sirva todo o que aprendistes, e que nos días vindeiros poidades repasar con calma os temas dos que falamos, para asentar cousas e que non caian no esquecemento.
Un saudo para todos e cada un, e grazas.
Fdo. José Luis Ríos
Deixa un comentario » |
General |
Ligazón permanente
Publicado por rapososin
21/10/2009
Para crear un blog podemos instalar o software necesario nun servidor web ó que teñamos acceso e con soporte PHP e MySQL, por exemplo, ou podemos usar un servidor de blogs que xa funcione e nos deixe facelo sen ter que saber nada de informática.
Neste caso imos facer un blog persoal e aloxaremolo en WordPress.com,
é realmente sinxelo e rápido crear un blog deste xeito so temos que ter paciencia e ler con atención. Tambén podedes buscar axuda na rede xa que hai moitas persoas que teñen feito axudas sobre este particular. Se queredes podedes ler esta primeiro ou entrar a peito descuberto a crear o voso blog.
Deixade comentarios neste post coa vosa experiencia e co enlace para ir ó voso blog.
11 Comentarios |
General |
Ligazón permanente
Publicado por rapososin
20/10/2009
Para facer unha busca hai que ter en conta que debemos formular as preguntas axeitadas, tendo enconta tódolos atributos relevantes da mesma.
Por exemplo, para atopar unha tenda onde poidamos probar un determinado artigo de consumo, temos que responder estas catro preguntas:
¿Que buscamos?
¿Como se pode denominar ou describir o que buscamos?
¿Cando o buscamos?
¿Onde o buscamos? Ler o resto desta entrada »
1 comentario |
General |
Ligazón permanente
Publicado por rapososin
20/10/2009
Inciamos a segunda edición deste curso en Vigo, nesta ocasión na auloa Catia do edificio Fundición, no Campus de Vigo.
Do 19 ó 23 de outubro de 2008 de 12:00 a 14:30.
3 Comentarios |
General |
Ligazón permanente
Publicado por rapososin